viernes, 15 de mayo de 2020

Labirintos

Recursos AulaPT        
#retonúmero5
Creado por Mari_AulaPT

RETO NÚMERO 5: LABIRINTOS
O reto de hoxe é moi sinxelo pero aporta moitos beneficios ás nenas e nenos. Trátase de resolver labirintos infantís, aos que se lle pode sacar o máximo proveito, xa que se poden facer de varias maneiras para seguir o camiño que nos leva á meta. Unha forma divertida é empregando boliñas de plastilina ou algún alimento como macarróns, garavanzos ou lentellas.  
Este xogo favorece a estimulación da orientación espacial, fomenta a atención e concentración, mellora a capacidade de resolver problemas e aumenta a confianza nun mesmo ao ser capaces de resolver retos propostos.
Aquí tedes algúns exemplos.
Pincha aquí para descargar os labirintos de edufichas.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario