lunes, 18 de mayo de 2020

Día Internacional dos Museos

Recursos AulaPT       
#díadosmuseos
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe, 18 de Maio, é o Día Internacional dos Museos.
Para celebralo comparto con vós este conto que se titula " O museo de Carlota" de James Mayhew.
No conto, unha nena chamada Carlota, visita por primeira vez un museo coa súa avoa. A Carlota non lle gustaban as multitudes, polo que foi a unha sala vacía. Ao ver todos os cadros na galería, sentiuse atraída por eles e quixo tocalos.  De súpeto, introdúcese neles para vivir moitas aventuras.
Este libro, ilustrado con algunhas das máis famosas pinturas da National Gallery de Londres, permite ensinar ás nenas e nenos, a través da protagonista do conto, os encantos dun museo, as riquezas que nel se atopan e o divertido que resulta a súa visita.


El museo de Carlota


No hay comentarios:

Publicar un comentario