#díadasletrasgalegas
Creado por Mari_AulaPT
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
A súa obra infantil máis coñecida é o conto "As pitas baixo a choiva", no que se conta unha anécdota que lle pasou ao autor cando era neno.
No conto comeza a chover e o neno ve dende a fiestra da casa como as pitas estanse mollando. El intenta que entren no galiñeiro, pero elas asústanse. Ao final todos os membros da familia acaban mollados como pitos.
É unha historia divertida que podedes ver e escoitar no seguinte vídeoconto. Tamén vos deixo o libro en formato issuu da Editorial Embora.
As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero
Feliz día das Letras Galegas



No hay comentarios:
Publicar un comentario