viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso 19 Xuño 2020

~19 de Xuño de 2020~

Hoxe remata un curso escolar diferente aos demais, que será inesquecible para tod@s. Un fin de curso atípico e que sempre lembraremos. Aínda que non poidamos celebrar, nesta ocasión, a nosa excursión e festa de fin de curso tod@s xunt@s, sabemos que o próximo ano ímolo disfrutar o dobre ou o triple!

Pero antes deséxovos que disfrutedes das vosas merecidísimas vacacións de verán, porque fixestes un gran esforzo durante todo este tempo que tocou quedar na casa. Traballastes moito e esforzástesvos para que todo saíra moi ben, e así foi.
Seguide así chic@s e recargade as pilas!!

🍭Ide a praia e bañádevos moito, se a auga non está moi fría claro! 😄 🏖

🍭Facede excursións coa vosa familia e amig@s. 🏞

🍭Escoitade música, cantade e bailade. 🎶 🎧

🍭Escribide un diario de verán, con todas as     
     aventuras que irán sucedendo. 📖

🍭 Lede os libros que máis vos gusten. 📚

🍭 Contade estrelas nas noites de ceo descuberto. 🌠

🍭 Xogade e facede todo o que vos faga felices. 🌈

Felices vacacións de verán!!!
Ata pronto!!!




jueves, 18 de junio de 2020

A oca das emocións e a oca ortográfica

Recursos AulaPT
#xogosdaoca
Creado por Mari_AulaPT

Que tal chic@s!
Queredes xogar ao xogo da oca? Pois aquí tedes a oca das emocións e a oca ortográfica, realizadas por @orientamediagabinete e cun taboleiro deseñado por Orientación Andújar. 
A primeira consiste en tirar o dado e responder ás preguntas das diferentes casillas, relacionadas coas emocións e o autoconcepto.
Fai click aquí para descargar o taboleiro.

       A OCA DAS EMOCIÓNS

O segundo xogo da oca permite mellorar a ortografía das palabras. Consiste en tirar o dado e a continuación buscar no taboleiro de imaxes a lenda que aparece na casilla correspondente.
Fai click aquí para descargar o taboleiro.

         A OCA ORTOGRÁFICA


miércoles, 17 de junio de 2020

Xogo das multiplicacións

Recursos AulaPT
#xogomultiplicacións
Creado por Mari_AulaPT


Hoxe comparto con vós este xogo de www.recursosep.com, para que sigades practicando as táboas de multiplicar.


O xogo consta dos seguintes materiais:
🍭Un taboleiro con 50 casillas.
🍭64 tarxetas con multiplicacións.
🍭Necesítase un dado e tantas fichas como xogadores haxa (de 2 a 4).

Os xogadores lanzan o dado e comeza a xogar o que obteña o número maior.  Xógase no sentido das agullas do reloxo. 
O xogador que comeza debe responder correctamente á multiplicación que formulará o seu compañeiro da dereita. Se o xogador di ben o resultado, lanza o dado e avanza coa súa ficha o número de casillas indicadas no dado. Se non responde ben non poderá mover a súa ficha da casilla. O que chegue antes á meta será o gañador do xogo.
Fai click enriba das imaxes para descargar o taboleiro e as tarxetas.

martes, 16 de junio de 2020

Sopa de letras de palabras compostas

Recursos AulaPT
#sopadeletras
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe comparto outro xogo de sopa de letras, pero esta vez para as nenas e nenos de primaria. Nestas sopas tedes que atopar palabras compostas e así repasaremos de forma divertida este tipo de palabras, que como xa sabedes fórmanse a partir da unión de dúas ou máis palabras simples, por exemplo: pasatempos, crebanoces, abrecartas, etc.
Fai click aquí para descargar as sopas de letras.
Se queredes  ver os vosos acertos ou tedes  dificultade para atopar algunha das palabras facede click aquí para ver as solucións.

SOPA DE LETRAS PALABRAS COMPOSTAS
  

lunes, 15 de junio de 2020

Sopa de letras de vogais

Recursos Aula PT
#sopadeletras
Creado por Mari_AulaPT

Moi boas chic@s!
Estamos na recta final do curso! Moito ánimo que xa falta pouco e estádelo facendo moi ben! Para esta semana propóñovos unhas actividades divertidas, que vos permitirán reforzar o traballado mediante xogos educativos, como esta sopa de letras que comparto para os máis peques do cole.
A actividade é moi sinxela, tedes que buscar a vogal indicada en cada unha das sopas de letras propostas.
Facede click aquí para descargar o documento. Atoparedes tanto a sopa das letras maiúsculas como das minúsculas.  

SOPA DE LETRAS DE VOGAIS



viernes, 12 de junio de 2020

Vídeo en Lingua de Signos Española

Recursos AulaPT
#díadaLSE
Creado por Mari_AulaPT

Ola chic@s!
Sabedes que celebramos este domingo día 14 de xuño? Pois o Día Nacional da Lingua de Signos Española (LSE). Para celebralo comparto con todos vós este precioso recordo de fai dous cursos. Trátase dun fermoso vídeo no que @s protagonist@s son as nenas e nenos de educación infantil do noso cole, durante o curso escolar 2017/2018.
Este vídeo foi gravado en lingua de signos, e participou no II concurso escolar de cancións en LSE, titulado "Cantamos con las manos" e organizado pola "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" (faxpg).
A canción interpretada polo noso alumnado é "Color esperanza" de Diego Torres. 
Espero que vos guste lembrar este bonito recordo. 

Color esperanza en LSE

jueves, 11 de junio de 2020

Libro "Los invencibles"

Recursos AulaPT
#losinvencibles
Creado por Mari_AulaPT


O libro de hoxe vai dirixido ao alumnado de máis de 9 anos. Titúlase "Los invencibles" e a súa autora é M. Eloísa Caro Durán, as ilustracións son de Romina Soto. Neste libro descubrirás os valores que transmite practicar un deporte en equipo, neste caso o rugby. Descúbreos acompañando a Leo e a Sergio na sua aventura a través deste entretido conto. O libro foi realizado en colaboración coa Federación Española de Rugby, para promover os seus valores entre tod@s @s aficionad@s e seguidores.
Comparto con vós o booktrailer e o libro en formato pdf.


Booktrailer


Os invencibles en pdf


Disfrutade coa lectura!!