Recursos Aula PT
#retonúmero1
Creado por Mari_AulaPT
Esta semana propóñovos un reto para @s máis pequeniñ@s.
Cada día da semana irei subindo un xogo diferente
(dominó, oca, labirintos, etc) que podedes imprimir e elaborar para poder xogar cando queirades.
É moi divertido e ten moitos beneficios, xa que mellora a creatividade, a motricidade fina, a atención, a memoria, entre outros moitos.
Ánimo e a polo reto número 1.
RETO N° 1: PALABRAS ENCADEADAS
Cada ruleta (de Orientación Andújar) contén seis palabras, que debedes colocar encadeando a última sílaba dunha palabra coa primeira sílaba da seguinte. Ao ter forma circular, podedes comezar pola palabra que queirades. Ademais podedes empregar os debuxos para encadear todas as palabras posibles sen necesidade de utilizar a ruleta.
Pincha aquí para descargar as ruletas e comezar a xogar.