#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT
Bos días a tod@s!
Nestes momentos nos que estamos na casa invítovos a coñecer un libro moi especial, chamado "Emocionario" da editorial Palabras Aladas.
Trátase dun dicionario de emocións que describe de forma sinxela nin máis nin menos que corenta e dous estados emocionais. Serve tanto para nen@s e adultos e permítenos identificar os nosos estados de ánimo e así poder explicar o que realmente sentimos.
Trátase dun material moi completo e moi recomendable para a situación na que estamos a vivir.
Se pinchades no seguinte enlace poderedes descargar unha mostra do libro, que está dispoñible en varias linguas, entre elas a galega.
https://www.palabrasaladas.com/emocionario.html
No seguinte enlace atoparedes fichas de actividades, relacionadas con todos os estados de ánimo que, nestes días moitos de nós, podemos estar a experimentar.
As fichas pódense descargar en formato pdf.
https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas_de_actividades.html
Por último agradecer a Palabras Aladas este agasaio que nos fai, para sobrelevar mellor esta situación.
Trátase do seguinte libro que leva por título "Amar"
e que podedes descargar en formato pdf no seguinte enlace:https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html
Desfrutade moito coa lectura e moito ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario