#2Abril
#DiaMundialDoAutismo
Creado por Mari_AulaPT
Hoxe, 2 de abril, é o Día mundial de concienciación sobre o autismo, e para conmemoralo déixovos un vídeo e uns contos que espero que vos gusten.
Anímovos a ver este vídeo que nos explica moi ben como se sinten as persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), para que poidamos entendelas un pouquiño mellor.
Tamén vos deixo un conxunto de contos visuais adaptados a pictogramas, creados por Aprendices visuales, ONG encargada de poñer a disposición das familias unha serie de recursos e ferramentas que permiten o máximo desenvolvemento do potencial dos nen@s con autismo.
A colección de contos "José Aprende" conta co apoio da Fundación Orange e foron creados especialmente para nen@s con autismo, servindo igualmente a outras dificultades de aprendizaxe e a nen@s prelectores.
Os contos pódense ver online, pero tamén existe unha aplicación interactiva onde atoparás máis contos na app José Aprende.
Aquí tendes algúns deles, para a aprendizaxe de autocuidados, rutinas e emocións.
Anímovos a ver este vídeo que nos explica moi ben como se sinten as persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), para que poidamos entendelas un pouquiño mellor.
Tamén vos deixo un conxunto de contos visuais adaptados a pictogramas, creados por Aprendices visuales, ONG encargada de poñer a disposición das familias unha serie de recursos e ferramentas que permiten o máximo desenvolvemento do potencial dos nen@s con autismo.
A colección de contos "José Aprende" conta co apoio da Fundación Orange e foron creados especialmente para nen@s con autismo, servindo igualmente a outras dificultades de aprendizaxe e a nen@s prelectores.
Os contos pódense ver online, pero tamén existe unha aplicación interactiva onde atoparás máis contos na app José Aprende.
As mans de Xosé
A comida de Xosé
Xosé está contento
Xosé na perruquería
Os dentes de Xosé
Se pinchades aquí atopareces máis contos.
http://www.aprendicesvisuales.org/cuentos/aprende/



No hay comentarios:
Publicar un comentario