#euquedonacasa
Creado por Mari Aula PT
Apetécevos escoitar unha canción?
Pois hoxe traio para os máis pequeniños a canción de Cocorico, que é un poliño que vive feliz coa sua nai. Un día Mamá Galiña quere facer un biscoito e o poliño, para axudar a preparalo, sae da casa a buscar leña. De súpeto, aparece un gato enorme que o quere comer, pero Cocorico consegue fuxir, prometendo que lle daría a metade do biscoito.
Queredes saber cómo remata o conto?
Aquí déixovos a canción e o conto de Cocorico.
Canción de Cocorico
Conto de Cocorico
Espero que vos guste!


No hay comentarios:
Publicar un comentario