Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT
Os recursos que hoxe vos presento no blog serven para mellorar a competencia matemática d@s rapaces. Desde aquí podedes acceder a varias fichas, tanto de cálculo mental como de resolución de problemas matemáticos para reforzar as operacións básicas nos diferentes niveis educativos.
Recursos matemáticos:
1️⃣ O taboleiro das operacións de Orientación Andújar.
Con este taboleiro podedes practicar as operacións básicas a través do xogo. Consiste en tirar o dado e resolver a operación que corresponda (suma, resta, multiplicación ou división) mediante o cálculo mental e de forma divertida.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o taboleiro.

2️⃣
Caderno de matemáticas 1° de primaria de RECURSOSEP.
Este caderno reúne un total de 30 fichas moi recomendables para reforzar os contidos do 1° curso de primaria. Os exercicios son moi variados: numeración,; unidades, deceas e centeas; sumas e restas sinxelas,; agrupamentos; resolución de problemas, entre outros.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o caderno.
3️⃣ Caderno de resolución de problemas 2° de primaria de Orientación Andújar.
Este caderno consta de varias fichas, para que @s nen@s de 2° curso reforcen as sumas e restas mediante a resolución de problemas básicos.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o caderno.
4️⃣ Caderno de resolución de problemas 3° e 4° de primaria de RECURSOSEP.
Aquí podedes atopar fichas para mellorar e practicar as divisións por unha e dúas cifras, a través da resolución de problemas matemáticos.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o caderno.
5️⃣ Caderno de problemas para 5° de primaria de Orientación Andújar.
Este caderno é moi completo, xa que recopila unha variada colección de fichas con problemas de todo tipo para rapaces e rapazas de 5° de primaria, tamén é moi útil para que @s nen@s de 6° afiancen a competencia matemática.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o caderno.
6️⃣ Caderno de problemas para 6° de primaria de Orientación Andújar.
Como complemento ao caderno anterior comparto este outro para o alumnado de 6° curso. A resolución de problemas permite mellorar o razoamento lóxico-matemático e a capacidade para resolver unha situación que se pode dar no día a día, polo tanto é unha habilidade necesaria a desenvolver polo alumnado.
Pincha
aquí ou na imaxe para descargar o caderno.
Estes cadernos son totalmente voluntarios, son recursos opcionais por se queredes afianzar a vosa competencia matemática.
Moito ánimo!!