jueves, 16 de abril de 2020

Banco de lecturas para 3° e 4° de E.P.

Recursos Aula PT      
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Como estamos chic@s!
Hoxe comparto con vós un conxunto de lecturas moi variadas con temáticas diferentes, para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. 
Consiste nun banco de recursos moi amplo, onde podedes elixir as lecturas que máis vos gusten. 

Pincha aquí ou na imaxe para descargar o banco de lecturas.



Moito ánimo!

miércoles, 15 de abril de 2020

Comprensión lectora 1° e 2° de primaria

Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Ola chic@s!

Hoxe comparto con vós unha colección de fichas de www.actividadesdeinfantilyprimaria.com 
para mellorar a comprensión lectora, nos niveis de primeiro e segundo de educación primaria.
Son fichas con lecturas cortas, moi divertidas, coas que poden reforzar a habilidade lecto-escritora.
Podes pinchar no texto ou na imaxe para descargar as fichas.





Espero que vos sexan de utilidade!



martes, 14 de abril de 2020

Láminas visuais do abecedario

Recursos Aula PT       
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT


Bos días a tod@s!
Hoxe tráiovos este colorido abecedario, publicado por Orientación Andújar, para traballar as letras, a motricidade fina e o trazo.
Tamén podedes traballar os nomes propios e comúns, mediante estas divertidas láminas.
A min parécenme moi visuais e animadas para traballar cos máis pequen@s, por exemplo o seu nome, sinalando a letra inicial coa que comezan, ou xogando a formar palabras que xa coñecen para afianzar o seu vocabulario.
Lembrade que o alfabeto castelán ten 27 letras e o galego 23 (exceptúanse as seguintes letras: j, k, w, y).
Aquí déixovos o abecedario completo.

Se pinchades en cada lámina poderedes descargar as que desexedes en formato pdf. 
















martes, 7 de abril de 2020

Contos para os nen@s

Recursos Aula PT        
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Apetécevos ler uns contiños?
Hoxe tráiovos varios libros en lingua galega, da editorial Baía Edicións, para nen@s de distintas idades. Podedes descargarlos en formato pdf para que os poidades ler na casa.
As propostas de lectura son as seguintes:

Para nen@s de 4 a 6 anos, Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
Trátase dunha historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación.

Pincha aquí para descargar o libro.


Para nen@s de 7 e 8 anos, A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións).
Conta a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.

Pincha aquí para descargar o libro.


Para nen@s de 9 ou máis anos, Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de nalgas. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.

Pincha aquí para descargar o libro.

Disfrutade da lectura!!




viernes, 3 de abril de 2020

Calendario mes de abril

Recursos Aula PT          
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Ola chic@s!
Como xa estamos no mes de abril, déixovos máis abaixo un calendario de Orientación Andújar, no que podedes ver posibles actividades a realizar cada día do mes.
Son actividades orientativas, que poden ser modificadas segundo os intereses dos nen@s.

Chic@s, anímovos a que creedes o voso propio calendario e que o elaboredes tendo en conta os vosos gustos. Pensade no que vos gustaría facer cada día da semana deste mes e collede papel, cartolinas, lápices de cores e todo o material que precisedes para crear un bonito calendario personalizado que podedes colgar onde queirades.

Seguro que saen calendarios moi bonitos e divertidos.

Pinchade nas imaxes para descargar o calendario de mostra en formato pdf e a plantilla para que poidades facer o voso propio calendario.



Ánimo! Mans á obra artistas!


jueves, 2 de abril de 2020

Día mundial do autismo

Recursos Aula PT        
#2Abril
#DiaMundialDoAutismo
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe, 2 de abril, é o Día mundial de concienciación sobre o autismo, e para conmemoralo déixovos un vídeo e uns contos que espero que vos gusten.

Anímovos a ver este vídeo que nos explica moi ben como se sinten as persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), para que poidamos entendelas un pouquiño mellor.



Tamén vos deixo un conxunto de contos visuais adaptados a pictogramas, creados por Aprendices visuales, ONG encargada de poñer a disposición das familias unha serie de recursos e ferramentas que permiten o máximo desenvolvemento do potencial dos nen@s con autismo.
A colección de contos "José Aprende" conta  co apoio da Fundación Orange e foron creados especialmente para nen@s con autismo, servindo igualmente a outras dificultades de aprendizaxe e a nen@s prelectores.
Os contos pódense ver online, pero tamén existe unha aplicación interactiva onde atoparás máis contos na app José Aprende.

Aquí tendes algúns deles, para a aprendizaxe de autocuidados, rutinas e emocións.

As mans de Xosé

A comida de Xosé


Xosé está contento

Xosé na perruquería

Os dentes de Xosé

Se pinchades aquí atopareces máis contos.
http://www.aprendicesvisuales.org/cuentos/aprende/





miércoles, 1 de abril de 2020

Emocionario

Recursos Aula PT      
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Bos días a tod@s!
Nestes momentos nos que estamos na casa invítovos a coñecer un libro moi especial, chamado "Emocionario" da editorial Palabras Aladas.
Trátase dun dicionario de emocións que describe de forma sinxela nin máis nin menos que corenta e dous estados emocionais. Serve tanto para nen@s e adultos e permítenos identificar os nosos estados de ánimo e así poder explicar o que realmente sentimos.
Trátase dun material moi completo e moi recomendable para a situación na que estamos a vivir.
Se pinchades no seguinte enlace poderedes descargar unha mostra do libro, que está dispoñible en varias linguas, entre elas a galega. 

https://www.palabrasaladas.com/emocionario.html




No seguinte enlace atoparedes fichas de actividades, relacionadas con todos os estados de ánimo que, nestes días moitos de nós, podemos estar a experimentar.
As fichas pódense descargar en formato pdf.

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas_de_actividades.html

Por último agradecer a Palabras Aladas este agasaio que nos fai, para sobrelevar mellor esta situación.
Trátase do seguinte libro que leva por título "Amar"
e que podedes descargar en formato pdf no seguinte enlace:

https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html


Desfrutade moito coa lectura e moito ánimo!!