martes, 24 de marzo de 2020

Actividades de lecer


Recursos Aula PT                 
#euquedonacasa                           
Creado por Mari_Aula PT


Bos días a tod@s!!
Aquí tedes unha recopilación de sinxelas tarefas, con algúns dos beneficios que cada unha delas aporta ao desenvolvemento d@s nen@s, e que podedes traballar durante estes días cos máis pequenos na casa e dunha forma divertida e lúdica. Espero que vos sexan de utilidade. Moito ánimo!!

Actividades de lecer

1. Realiza a túa propia creación e coloréaa, axudarache a pensar no que máis che gusta. Ademais poderás expresar as túas emocións e mellorarás a motricidade fina.


2. Le un conto en familia, transportarache a lugares que nunca puideches imaxinar, permitindo ao mesmo tempo mellorar a comprensión lectora. 


3. Practica exercicio físico en familia, será moi divertido e axudarache a manter o bo estado físico.

4. Fai manualidades empregando material de refugallo que teñas na casa, usa a imaxinación e seguro que conseguirás obras fantásticas e fomentarás a túa creatividade.

5. Baila todo o que poidas. Bailar ten moitos beneficios, xa que ademais de desenvolver as habilidades musicais, tamén fortalece os músculos, mellora a elasticidade e o sentido do equilibrio.

6. Escribe un diario no que poidas contar todas as tarefas que vas facendo cada día e non te esquezas de comentar como che fai sentir cada unha delas.


7. Xoga a xogos de mesa, xa que ademais de proporcionar moitas horas de diversión tamén fomentan as habilidades cognitivas, motrices e de aprendizaxe.


8. Segue bailando e inventa a túa propia coreografía, será todo un reto! Fai que a túa familia imite os teus movementos, favorecerá a coordinación e será divertido.


9. Xoga a facer construcións, xa que ademais de estimular a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos, tamén favorece o desenvolvemento de diversas capacidades cognitivas como a percepción, a orientación espacial e a atención entre moitas outras.


10. Axuda na casa a cociñar en familia, chegarás a ser un e unha gran chef!! Aportarache moitos beneficios xa que estimula os sentidos, mellora a destreza manual e o desenvolvemento nutricional ao familiarizarte con cada un dos alimentos.


11. Escribe unha carta aos teu compañer@s de clase, enriquecerás a túa escritura e mellorarás as túas relacións sociais. Anímate e cóntalles como estás, alegraranse de recibir a túa carta.


12. Fai teatro na casa con toda a familia. Prepara o guión da túa obra para que tod@s participen, prepara o vestiario e organiza un pequeno escenario para representar a función, será moi divertido, ademais estimulará a túa creatividade e imaxinación.



Disfruta moito con estas actividades, ti eres @ protagonist@ de todas as túas aventuras!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario