Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT
Apetécevos ler un conto?
Esta fin de semana podedes disfrutar coa lectura de varios contos tradicionais coma "Riciños de ouro", "Carapuchiña vermella" ou o "Patiño feo" de https://www.pictocuentos.com
Estes contos teñen a particularidade de que están feitos con pictogramas ARASAAC, é dicir, con símbolos que representan obxectos, onde cada imaxe expresa unha mensaxe.
Aquí déixovos un exemplo:
Estes contos son de gran utilidade para traballar con nen@s que poidan ter dificultades para expresarse mediante a linguaxe oral, onde o seu medio de comunicación máis eficaz é a través de imaxes.
Pero tamén son unha boa ferramenta para traballar con nen@s da etapa de educación infantil, para favorecer a estimulación da linguaxe oral.
Pincha en cada conto para escoitalo. Ademais se pinchas nos enlaces que aparecen debaixo de cada vídeo atoparás o conto en formato pdf por se queredes descargarlo.
Ten en conta que o video-conto de "Carapuchiña vermella" está en lingua galega e ten como complemento un vídeo de comprensión lectora. O conto en pdf está en castelá.
Os outros contos, (vídeos + pdf) "Riciños e ouro" e o "Patiño feo" están en lingua castelá.
Podes elixir o que queiras!!
Riciños de ouro
Carapuchiña vermella
Comprensión lectora do pictoconto Carapuchiña vermella
O patiño feo
No hay comentarios:
Publicar un comentario