martes, 31 de marzo de 2020

Cadernos de traballo "La Calesa"


Recursos Aula PT     
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Bos días!
Hoxe tráiovos unha colección de cadernos de traballo, apoio e reforzo da editorial La Calesa. Trátase dunha publicación especial gratuita, que a editorial pon a disposición de todos para axudar ao alumnado a realizar as tarefas na casa. 
Nos cadernos podedes atopar exercicios de ortografía, lectura comprensiva, expresión escrita, matemáticas e cálculo ABN, para todos os cursos da etapa de educación primaria, incluidos os catro cursos da etapa secundaria.

Se entrades no seguinte enlace podedes ver os cadernos de traballo en formato pdf que podedes visualizar directamente online ou ben descargalos e imprimilos. 

https://www.lacalesa.es/



Espero que vos sexan de gran axuda!

Gracias editorial La Calesa pola vosa valiosa aportación.

lunes, 30 de marzo de 2020

Lecturas 1° e 2° E.P.

Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Comezamos a semana con este material de Orientación Andújar, moi axeitado para traballar a comprension lectora en primeiro e segundo curso de educación primaria. Consiste en lecturas variadas con preguntas para que @s nen@s respondan de forma aberta baseándose no lido. Tamén poden facer un debuxo sobre a lectura.
Se pinchades nos enlaces que están máis abaixo  podedes descargar as lecturas en formato pdf.
Estes son algúns exemplos; nos enlaces poderedes atopar máis lecturas.





https://www.orientacionandujar.es/2018/09/23/mini-lecturas-comprensivas-infantil-y-primaria-tematica-animales/





sábado, 28 de marzo de 2020

Contos Kalandraka


Recursos Aula PT        
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Este sábado tráiovos un par de contiños da editorial Kalandraka, para que vos entreteñades léndoos e escoitándoos.


Aquí podedes ver o vídeo narrado para a lectura do conto "Xaime e as landras" de Tim Bowlry  e Inés Vilpi, editado por Kalandraka.





Sinopse: Xaime prantou unha landra, que xerminou e creceu, pero.... non todas as landras prantadas chegan a ser árbores. 


O seguinte conto titúlase "O galo Quirico" que é unha adaptación de Tareixa Alonso, a partir do conto popular. As ilustracións son de Alicia Suárez. 



Sinopse: O galo Quirico ía a voda do tío Perico e atopouse no camiño cunha bosta, e no seu interior un saboroso bocado.  





viernes, 27 de marzo de 2020

Pictocontos

            
Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Apetécevos ler un conto?
Esta fin de semana podedes disfrutar coa lectura de varios contos tradicionais coma "Riciños de ouro", "Carapuchiña vermella" ou o "Patiño feo" de https://www.pictocuentos.com

Estes contos teñen a particularidade de que están feitos con pictogramas ARASAAC, é dicir, con símbolos que representan obxectos, onde cada imaxe expresa unha mensaxe.

Aquí déixovos un exemplo:


Estes contos son de gran utilidade para traballar con nen@s que poidan ter dificultades para expresarse mediante a linguaxe oral, onde o seu medio de comunicación máis eficaz é a través de imaxes.
Pero tamén son unha boa ferramenta para traballar con nen@s da etapa de educación infantil, para favorecer a estimulación da linguaxe oral.

Pincha en cada conto para escoitalo. Ademais se pinchas nos enlaces que aparecen debaixo de cada vídeo atoparás o conto en formato pdf por se queredes descargarlo.

Ten en conta que o video-conto de "Carapuchiña vermella" está en lingua galega e ten como complemento un vídeo de comprensión lectora. O conto en pdf está en castelá.
Os outros contos, (vídeos + pdf) "Riciños e ouro" e o "Patiño feo" están en lingua castelá.
Podes elixir o que queiras!!

Riciños de ouro



Carapuchiña vermella



Comprensión lectora do pictoconto Carapuchiña vermella


O patiño feo







Táboas de multiplicar

                                                    
Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Que tal chic@s!!

Hoxe déixovos un enlace de "mundoprimaria" para que poidades repasar as táboas de multiplicar de forma interactiva. Tamén podedes descargar as táboas no seguinte enlace.

https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar

Empeza a xogar con estas táboas interactivas e mellorarás as túas habilidades matemáticas.




jueves, 26 de marzo de 2020

Programación educativa TVG2

                                             
Recursos Aula PT
#euquedonacasa             
Creado por Mari_AulaPT

Bo día!
Recórdovos que a televisión de Galicia está emitindo dende o luns, na súa segunda canle a G2, programación educativa no horario de 11 da mañá a 1 do mediodía, de luns a venres. Por si é do voso interese.

Pincha no enlace para saber máis.

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos?_tcode=bHExNWQyñ

Taboleiros para crear historias

                                           
Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Preséntovos estes tres taboleiros de orientación andújar, que vos permitirán crear historias divertidas a través do xogo. Cada taboleiro consta dun conxunto de imaxes que fan referencia a un personaxe, un lugar e un obxecto, estando asociado cada un deles a un número. O xogo consiste en lanzar o dado tres veces e en función do número que toque créase unha historia con eses tres elementos. 
Con esta actividade os nen@s melloran a súa expresión oral e escrita, aprendendo a estruturar cada unha das oracións que compoñen as historias e adquirindo novo vocabulario. 

Ánimo! Seguro que saen historias fantásticas!! Tamén poden facer un debuxo para decorar as historias, favorecerá a creatividade dos nen@s. 

Pincha no enlace para poder descargar os taboleiros.  

https://www.orientacionandujar.es/2019/12/13/3-tableros-para-contar-historias-fantasticas/










miércoles, 25 de marzo de 2020

Canción "Todo o día na casiña"


Recursos Aula PT
#euquedonacasa
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe comparto con vós esta bonita canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña" do seu álbum Cantos e contos dende o poleiro.

Podedes pinchar no video para escoitala.

https://www.youtube.com/watch?v=VxY3KphaYv4



Espero que vos guste e que vos entreteñades un pouquiño cantando!!


martes, 24 de marzo de 2020

Actividades de lecer


Recursos Aula PT                 
#euquedonacasa                           
Creado por Mari_Aula PT


Bos días a tod@s!!
Aquí tedes unha recopilación de sinxelas tarefas, con algúns dos beneficios que cada unha delas aporta ao desenvolvemento d@s nen@s, e que podedes traballar durante estes días cos máis pequenos na casa e dunha forma divertida e lúdica. Espero que vos sexan de utilidade. Moito ánimo!!

Actividades de lecer

1. Realiza a túa propia creación e coloréaa, axudarache a pensar no que máis che gusta. Ademais poderás expresar as túas emocións e mellorarás a motricidade fina.


2. Le un conto en familia, transportarache a lugares que nunca puideches imaxinar, permitindo ao mesmo tempo mellorar a comprensión lectora. 


3. Practica exercicio físico en familia, será moi divertido e axudarache a manter o bo estado físico.

4. Fai manualidades empregando material de refugallo que teñas na casa, usa a imaxinación e seguro que conseguirás obras fantásticas e fomentarás a túa creatividade.

5. Baila todo o que poidas. Bailar ten moitos beneficios, xa que ademais de desenvolver as habilidades musicais, tamén fortalece os músculos, mellora a elasticidade e o sentido do equilibrio.

6. Escribe un diario no que poidas contar todas as tarefas que vas facendo cada día e non te esquezas de comentar como che fai sentir cada unha delas.


7. Xoga a xogos de mesa, xa que ademais de proporcionar moitas horas de diversión tamén fomentan as habilidades cognitivas, motrices e de aprendizaxe.


8. Segue bailando e inventa a túa propia coreografía, será todo un reto! Fai que a túa familia imite os teus movementos, favorecerá a coordinación e será divertido.


9. Xoga a facer construcións, xa que ademais de estimular a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos, tamén favorece o desenvolvemento de diversas capacidades cognitivas como a percepción, a orientación espacial e a atención entre moitas outras.


10. Axuda na casa a cociñar en familia, chegarás a ser un e unha gran chef!! Aportarache moitos beneficios xa que estimula os sentidos, mellora a destreza manual e o desenvolvemento nutricional ao familiarizarte con cada un dos alimentos.


11. Escribe unha carta aos teu compañer@s de clase, enriquecerás a túa escritura e mellorarás as túas relacións sociais. Anímate e cóntalles como estás, alegraranse de recibir a túa carta.


12. Fai teatro na casa con toda a familia. Prepara o guión da túa obra para que tod@s participen, prepara o vestiario e organiza un pequeno escenario para representar a función, será moi divertido, ademais estimulará a túa creatividade e imaxinación.



Disfruta moito con estas actividades, ti eres @ protagonist@ de todas as túas aventuras!!!