viernes, 29 de mayo de 2020

Boom Matemático

Recursos AulaPT
#boommatemático

O xogo de hoxe está destinado ao alumnado de 3° e 4° de primaria. Trátase do boom matemático de aulapt.org, inspirado noutro coñecido programa televisivo. Con este xogo repasamos conceptos matemáticos de forma lúdica. Hai varias opcións e sólo unha é correcta, se a adiviñas pasarás á seguinte pregunta e se é incorrecta a bomba estoupará.
Ánimo e a probar sorte!
BOOM MATEMÁTICO


jueves, 28 de mayo de 2020

Pasapalabra 2

Recursos AulaPT
#pasapalabra2

Hoxe comparto con vós outro Pasapalabra, creado por @my_learning_place. Tedes que completar as letras do rosco e para elo ofrécese unha opción correcta e outra incorrecta. O xogo ten preguntas de diferentes asignaturas, así melloraredes o vocabulario en varios campos de coñecemento. 
Ánimo e espero que consigades completar o rosco enteiro!
PASAPALABRA 2

miércoles, 27 de mayo de 2020

A Asamblea de Infantil

Recursos AulaPT
#asambleainfantil

Bos días!
Hoxe comparto con tod@s vós este magnífico xogo interactivo de veronicaseot.pt, para que poidades realizar a asamblea dende a casa cos peques de infantil.
É moi interesante, xa que en cada pantalla vanse traballando diferentes conceptos como os días da semana, os meses do ano, o tempo atmosférico, as estacións do ano, o abecedario, os números e as figuras xeométricas, acampañados de divertidos vídeos musicais.
Anímovos a traballar a asamblea con este divertido xogo!!
A ASAMBLEA

martes, 26 de mayo de 2020

A súper ruleta de lingua

Recursos AulaPT
#ruletadelingua

Que tal estades?
Animádesvos a xogar á súper ruleta de lingua? É moi sinxelo e divertido! Este xogo tamén está inspirado noutro programa televisivo moi coñecido, chamado "A ruleta da sorte", e está publicado por Orientación Andújar, de @my_learning_place. Para iniciar a partida só tedes que pulsar no debuxo da man para facer xirar a ruleta. Por cada acerto iredes conseguido puntos. 
Con este xogo repasaredes contidos de lingua de 2°, 3° e 4° de primaria.
A xirar a ruleta!
A SÚPER RULETA DE LINGUA

lunes, 25 de mayo de 2020

Xogo táboas de multiplicar

Recursos AulaPT
#táboas de multiplicar
#agoracaio

Bos días chic@s!!
Continuamos cos xogos interactivos para aprender de forma divertida. Esta vez imos practicar as táboas de multiplicar con este divertido xogo inspirado no concurso televisivo "Agora caio", publicado por Orientación Andújar, de @my_learning_place.  O xogo consiste en resolver as multiplicacións e para elo ofrécense tres respostas posibles. Dúas son incorrectas e unha correcta. Se elixides ben pasades á seguinte multiplicación, pero si elixides mal caeredes pola trampilla. Así que xa sabedes, prestade atención e chegaredes á final.
AGORA CAIO - TÁBOAS DE MULTIPLICAR 

viernes, 22 de mayo de 2020

As cancións dos animais

Recursos AulaPT
#canciónanimais
Creado por Mari Aula_PT

Apetécevos escoitar e cantar unhas cancións?
Hoxe comparto con vós este xogo que creei para traballar as cancións dos animais. É moi divertido, só tedes que facer click enriba de cada un dos títulos da canción que queredes escoitar. Hai varias e todas en lingua galega, relacionadas coa temática dos animais
Disfrutade das cancións e a divertirse!

A canción dos animais por Mari Aula_PT


jueves, 21 de mayo de 2020

A granxa matemática

Recursos AulaPT
#agranxamatemática
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe imos practicar as sumas, as restas e as multiplicacións de forma divertida!
O xogo que vos propoño de vedoque.com é "A granxa matemática", para mellorar o cálculo mental, xogando cos animais da granxa e con distintos niveis de dificultade.
Ánimo e a por todas!!

A granxa matemática