viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso 19 Xuño 2020

~19 de Xuño de 2020~

Hoxe remata un curso escolar diferente aos demais, que será inesquecible para tod@s. Un fin de curso atípico e que sempre lembraremos. Aínda que non poidamos celebrar, nesta ocasión, a nosa excursión e festa de fin de curso tod@s xunt@s, sabemos que o próximo ano ímolo disfrutar o dobre ou o triple!

Pero antes deséxovos que disfrutedes das vosas merecidísimas vacacións de verán, porque fixestes un gran esforzo durante todo este tempo que tocou quedar na casa. Traballastes moito e esforzástesvos para que todo saíra moi ben, e así foi.
Seguide así chic@s e recargade as pilas!!

🍭Ide a praia e bañádevos moito, se a auga non está moi fría claro! 😄 🏖

🍭Facede excursións coa vosa familia e amig@s. 🏞

🍭Escoitade música, cantade e bailade. 🎶 🎧

🍭Escribide un diario de verán, con todas as     
     aventuras que irán sucedendo. 📖

🍭 Lede os libros que máis vos gusten. 📚

🍭 Contade estrelas nas noites de ceo descuberto. 🌠

🍭 Xogade e facede todo o que vos faga felices. 🌈

Felices vacacións de verán!!!
Ata pronto!!!




jueves, 18 de junio de 2020

A oca das emocións e a oca ortográfica

Recursos AulaPT
#xogosdaoca
Creado por Mari_AulaPT

Que tal chic@s!
Queredes xogar ao xogo da oca? Pois aquí tedes a oca das emocións e a oca ortográfica, realizadas por @orientamediagabinete e cun taboleiro deseñado por Orientación Andújar. 
A primeira consiste en tirar o dado e responder ás preguntas das diferentes casillas, relacionadas coas emocións e o autoconcepto.
Fai click aquí para descargar o taboleiro.

       A OCA DAS EMOCIÓNS

O segundo xogo da oca permite mellorar a ortografía das palabras. Consiste en tirar o dado e a continuación buscar no taboleiro de imaxes a lenda que aparece na casilla correspondente.
Fai click aquí para descargar o taboleiro.

         A OCA ORTOGRÁFICA


miércoles, 17 de junio de 2020

Xogo das multiplicacións

Recursos AulaPT
#xogomultiplicacións
Creado por Mari_AulaPT


Hoxe comparto con vós este xogo de www.recursosep.com, para que sigades practicando as táboas de multiplicar.


O xogo consta dos seguintes materiais:
🍭Un taboleiro con 50 casillas.
🍭64 tarxetas con multiplicacións.
🍭Necesítase un dado e tantas fichas como xogadores haxa (de 2 a 4).

Os xogadores lanzan o dado e comeza a xogar o que obteña o número maior.  Xógase no sentido das agullas do reloxo. 
O xogador que comeza debe responder correctamente á multiplicación que formulará o seu compañeiro da dereita. Se o xogador di ben o resultado, lanza o dado e avanza coa súa ficha o número de casillas indicadas no dado. Se non responde ben non poderá mover a súa ficha da casilla. O que chegue antes á meta será o gañador do xogo.
Fai click enriba das imaxes para descargar o taboleiro e as tarxetas.

martes, 16 de junio de 2020

Sopa de letras de palabras compostas

Recursos AulaPT
#sopadeletras
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe comparto outro xogo de sopa de letras, pero esta vez para as nenas e nenos de primaria. Nestas sopas tedes que atopar palabras compostas e así repasaremos de forma divertida este tipo de palabras, que como xa sabedes fórmanse a partir da unión de dúas ou máis palabras simples, por exemplo: pasatempos, crebanoces, abrecartas, etc.
Fai click aquí para descargar as sopas de letras.
Se queredes  ver os vosos acertos ou tedes  dificultade para atopar algunha das palabras facede click aquí para ver as solucións.

SOPA DE LETRAS PALABRAS COMPOSTAS
  

lunes, 15 de junio de 2020

Sopa de letras de vogais

Recursos Aula PT
#sopadeletras
Creado por Mari_AulaPT

Moi boas chic@s!
Estamos na recta final do curso! Moito ánimo que xa falta pouco e estádelo facendo moi ben! Para esta semana propóñovos unhas actividades divertidas, que vos permitirán reforzar o traballado mediante xogos educativos, como esta sopa de letras que comparto para os máis peques do cole.
A actividade é moi sinxela, tedes que buscar a vogal indicada en cada unha das sopas de letras propostas.
Facede click aquí para descargar o documento. Atoparedes tanto a sopa das letras maiúsculas como das minúsculas.  

SOPA DE LETRAS DE VOGAIS



viernes, 12 de junio de 2020

Vídeo en Lingua de Signos Española

Recursos AulaPT
#díadaLSE
Creado por Mari_AulaPT

Ola chic@s!
Sabedes que celebramos este domingo día 14 de xuño? Pois o Día Nacional da Lingua de Signos Española (LSE). Para celebralo comparto con todos vós este precioso recordo de fai dous cursos. Trátase dun fermoso vídeo no que @s protagonist@s son as nenas e nenos de educación infantil do noso cole, durante o curso escolar 2017/2018.
Este vídeo foi gravado en lingua de signos, e participou no II concurso escolar de cancións en LSE, titulado "Cantamos con las manos" e organizado pola "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" (faxpg).
A canción interpretada polo noso alumnado é "Color esperanza" de Diego Torres. 
Espero que vos guste lembrar este bonito recordo. 

Color esperanza en LSE

jueves, 11 de junio de 2020

Libro "Los invencibles"

Recursos AulaPT
#losinvencibles
Creado por Mari_AulaPT


O libro de hoxe vai dirixido ao alumnado de máis de 9 anos. Titúlase "Los invencibles" e a súa autora é M. Eloísa Caro Durán, as ilustracións son de Romina Soto. Neste libro descubrirás os valores que transmite practicar un deporte en equipo, neste caso o rugby. Descúbreos acompañando a Leo e a Sergio na sua aventura a través deste entretido conto. O libro foi realizado en colaboración coa Federación Española de Rugby, para promover os seus valores entre tod@s @s aficionad@s e seguidores.
Comparto con vós o booktrailer e o libro en formato pdf.


Booktrailer


Os invencibles en pdf


Disfrutade coa lectura!!


miércoles, 10 de junio de 2020

Libro "Corazón de idea"

Recursos AulaPT
#corazóndeidea
Creado por Mari_AulaPT


Ola chic@s!
Continuamos cos libros de lectura para estes días.
O libro de hoxe titúlase "Corazón de idea" e a súa autora é Esther Miguélez Palomo. Trátase dun libro especial para nenas e nenos a partir de 6 anos, onde se narra a aventura de Lía, unha pequena de pelo enmarañado, que vai sempre na búsqueda da solución perfecta para os demais. Despois de moito investigar consegue dar con ela empregando o seu bo corazón. Unha aventura onde Lía busca a solución a un virus diminuto.
Fai click na portada para descargar o libro.


Tamén tedes dispoñible o audiolibro de "Corazón de idea".



martes, 9 de junio de 2020

Libro "El concierto de Roberto"

Recursos AulaPT
#audioconto
Creado por Mari_AulaPT
Que tal estades?
Ao longo desta semana compartirei con vós libros para distintas idades, tanto para infantil como para primaria. Así poderedes entretervos coa lectura durante estes días.
O libro de hoxe vai destinado aos peques de infantil. Titúlase "El concierto de Roberto" e está escrito por Laura Ortega e ilustrado por Luciana Basso.
O libro emprega unha linguaxe sinxela e divertida, onde @s pequen@s coñecerán os distintos sons de diversos  animais e instrumentos musicais. Tamén ven acompañado dun audioconto, para poder disfrutalo todavía máis.

Fai click na portada para descargalo en formato pdf.




Espero que vos guste!!


lunes, 8 de junio de 2020

Día Mundial dos Océanos

Recursos AulaPT
#díadosocéanos
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Sabíades que o maior océano da Terra é o Océano Pacífico? Os océanos cubren cerca do 70% da superficie do noso planeta. Trátase dun espazo repleto de vida, que debemos coidar e respectar, xa que nos proporciona alimentos, enerxía, auga e recursos minerais. 
Para  celebrar este día comparto unha canción para os máis peques titulada "La ballena Lola", que ten moito ritmo e coa que podedes cantar e bailar.
Tamén comparto tres actividades relacionadas cos océanos. A primeira vai destinada ao alumnado de primaria, xa que se trata de situar no mapa os diferentes océanos; e as outras dúas son para colorear e poden ser realizadas por alumnado de infantil ou primaria.
Canción "La ballena Lola"


Fai click aquí para descargar as actividades en formato pdf.




viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Recursos AulaPT
#díadomedioambiente
Creado por Mari_AulaPT

Bos días chic@s!
Como xa sabedes, hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para celebralo comparto con vós dous libros relacionados coa natureza, xa que é moi importante que a respectemos e a coidemos  entre tod@s. 
O primeiro libro titúlase "Rana de tres ojos", e está dirixido aos máis pequen@s. Este conto transmítenos o que significa vivir na sensible pel dos anfibios, o grupo animal máis ameazado do planeta.  
Fai click na portada do libro para descargarlo.

O seguinte libro titulado "El libro mágico de la naturaleza" vai dirixido ao alumnado de primaria.  Está recomendado para que as nenas e nenos, a partir de seis anos, descubran a natureza e todo o que nos agasaia día a día.
Fai click na portada do libro para descargarlo.


jueves, 4 de junio de 2020

Cadernos de matemáticas 3° e 4° curso

Recursos AulaPT
#matemáticas
Creado por Mari_AulaPT

Que tal chic@s!
Continuamos cos exercicios de matemáticas, para mellorar o razoamento lóxico-matemático. Os que comparto hoxe van dirixidos ao alumnado de 3° e 4° de educación primaria. 
Fai click sobre as imaxes para descargar os cadernos de resolución de problemas.


miércoles, 3 de junio de 2020

Cadernos de matemáticas 1° e 2° curso

Recursos AulaPT
#matemáticas
Creado por Mari_AulaPT

Hoxe comparto unha colección de problemas matemáticos de www.actividadesinfantilyprimaria.com e uns cadernillos de sumas e restas sen levadas, de aulapt.org, dirixidos ao alumnado dos primeiros cursos de educación primaria.
Fai click sobre cada caderno para descargar o material en formato pdf.
 



martes, 2 de junio de 2020

As vogais

Recursos AulaPT       
#asvogais
Creado por Mari_AulaPT

Bos días!!
Hoxe comparto con vós estes cadernillos, para que os peques de infantil repasen as vogais. Cada caderno está formado por un conxunto de fichas, onde se traballa cada unha das vogais a través de actividades diversas: repasar o trazo, unir as letras cos debuxos correspondentes, colorear o debuxo que conteña a vogal traballada, etc. 
Pincha na portada de cada vogal para descargar os cadernillos en formato pdf.






  

lunes, 1 de junio de 2020

Calendario mes de xuño

Recursos Aula PT    
#calendarioxuño
Creado por Mari_AulaPT          

Ola chic@s!
Hoxe comezamos o mes de xuño.
Déixovos máis abaixo un calendario de Orientación Andújar, no que podedes ver posibles actividades a realizar cada día deste mes.
Son actividades orientativas, que poden ser modificadas segundo os intereses dos nen@s.
Chic@s, anímovos a que creedes o voso propio calendario e que o elaboredes tendo en conta os vosos gustos. Pensade no que vos gustaría facer cada día da semana deste mes e collede papel, cartolinas, lápices de cores e todo o material que precisedes para crear un bonito calendario personalizado que podedes colgar onde queirades.
Seguro que saen calendarios moi bonitos e divertidos.


Pinchade nas imaxes para descargar o calendario de mostra en formato pdf e a plantilla para que poidades facer o voso propio calendario.



Ánimo e a polo mes de xuño!!